buscador

ACCIÓNS FORMATIVAS NO MARCO DA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA

29

04/2021

Forox Innovación é a adxudicataria do concurso do contrato público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo que se executan as accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social.

Por resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 22/09/2020, publicada na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil de contratante do Consorcio o 23/09/2020, convocouse a contratación dun servizo de impartición de accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social atendidas polos Equipos comarcais de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Este contrato foi adxudicado a empresa FOROX INNOVACIÓN, S.L.

As accións formativas están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, ás que se suman dous equipos no marco do Programa Nelson Mandela, que operan nos centros penitenciarios de Teixeiro e de A Lama. Estes equipos ofrecen ás persoas en situación ou risco de exclusión social un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias persoais e sociolaborais a través de itinerarios personalizados e un programa formativo que este ano deu inicio no 2021 por causa da pandemia provicada polo COVID-19.
Os primeiros cursos iniciáronse en xaneiro, condicionados polas restricións sanitarias as que nos enfrentamos actualmente. Así os grupos de participantes non poden superar o máximo de 10 persoas garantindo en todo momento as medidas de prevención e recomendacións fronte o risco de transmisión da COVID-19. O alumnado disporá de mascarillas e xel hidroalcohólico e nas aulas se manterá a máxima ventilación posible e a distancia de seguridade entre as persoas.
A continuación ofŕecese en detalle os cursos que ata o de agora foron impartidos dende principios de xaneiro ata marzo:

A CORUÑA
• Concello de Ordes. Caixeiro/a-repoñedor/a. 45H
• Concello de Boiro. Manipulación de alimentos. 4h
• Concello de Melide. Camareira/o de piso. 60h
• Concello de Boiro. Empregado/a de produción conserveira. 40h
• Concello de Ribeira. Empregado/a de produción conserveira.40h
• Concello de Melide. Limpeza de superficies e mobiliarios en edificios e locais. 50h
• Concello de Noia. Limpeza de superficies e mobiliarios en edificios e locais. 50h
• Concello de Noia. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Ribeira. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Ames. Operario/a de carretilla elevadora. 20h
• Concello de Carballo. Prevención de riscos laborais na construción. 60h
• Concello de Ferrol. Prevención de riscos laborais na construción. 60h
• Concello de Carballo. Prevención de riscos laborais na albanelería. 60h
• Concello de Ordes. Auxiliar de floristería. 60h
• Concello de Carballo. Operario/a de carretilla elevadora. 20h
• Concello de Carballo. Operario/a de industria alimentaria. 50h
• Concello de Ferrol. Limpeza de superficies e mobiliarios en edificios e locais. 50h
• Concello de Ferrol. Manipulación de alimentos. 4h
• Concello de Brión. Técnicas de poda. 30h
• Concello de Padrón. Operario/a de carretilla elevadora. 20h

LUGO
• Concello de Ribadeo. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Palas de Rei. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Becerreá. Técnicas de venda á clientela. 60H
• Concello de Monterroso. Prevención de riscos laborais na construción. 60h
• Concello de Sarria. Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios. 27h
• Concello de Vilalba. Prevención de riscos laborais na construción. 60H
• Concello da Fonsagrada. Técnicas de venda a clientela.
• Concello de Negueira de Muñiz. Aproveitamento micolóxico con fins comerciais.
• Concello de Rábade. Manipulación de alimentos.
• Concello de Monforte de Lemos. Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios

OURENSE
• Concello de Barbadás. Operario/a de carretilla elevadora. 20h.
• Concello de Barbadás. Limpeza: Desinfección efectiva contra a COVID-19.
• Concello de Barbadás. Manipulación de alimentos. 4h.
• Concello do O Carballiño Camareiro/a de piso. 60h
• Concello do Barco de Valdeorras. Elaboración de conservas vexetais. 20h
• Concello da Rúa. Elaboración de conservas vexetais. 20h
• Concello do Barco de Valdeorras. Mindfulness. 50h
• Concello de Ribadavia. Operador/a de carretilla elevadora. 20h
• Concello de Barbadás. Prevención de riscos laborais común básico. 60h
• Concello de A Rúa. Reparacións básicas e mantemento no fogar. 40h
• Concello de Barbadás. Teleoperador/a. 50h
• Concello do Carballiño. Limpeza industrial. 60h
• Concello de Maceda. Equipos mecánicos de corte e desbroce. 25h
• Concello de Maceda. Operario/a de carretilla elevadora.20h

PONTEVEDRA
• Centro Penitenciario de A Lama. Educación Vial. 25h
• Concello de Vilagarcía. Manipulación de alimentos. 4h
• Concello de Ponteareas. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Redondela. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Caldas de Reis. Manipulación de Alimentos. 4h
• Concello de Ponteareas. Operador/a de carretilla elevadora. 20h
• Concello de Redondela. Operador/a de carretilla elevadora. 20h
• Concello de Vilagarcía de Arousa. Prevención de riscos laborais na construción. 60h
• Concello do Porriño. Axudante de cociña. 60h
• Concello de Lalín. Acompañante de transporte escolar e auxiliar de comedor. 30h
• Concello de Lalín. Reparacións báiscas e mantemento no fogar. 40h
• Concello de Vilagarcía. Prevención de riscos laborais na construción. 60h
• Concello de Vilagarcía. Primeiros auxilios. 20h
• Concello de Pontecesures. Primeiros auxilios. 20h
• Concello de Ponteareas. Prevención de riscos laborais na construción. 60h

Todos os cursos se realizan para un máximo de 10 alumnos/as e garantindo en todo momento as medidas de prevención e recomendacións fronte o risco de transmisión de covid-19, así o alumnado disporá de mascarillas e xel hidroalcohólico e na aula se manterá a distancia de seguridade entre as persoas e a máxima ventilación posible.

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, ás que se suman dous equipos no marco do Programa Nelson Mandela, que operan nos centros penitenciarios de Teixeiro e de A Lama. Estes equipos ofrecen ás persoas en situación ou risco de exclusión social un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias persoais e sociolaborais a través de itinerarios personalizados e sempre, dende unha visión multidisciplinar e coordinada cos servizos sociais de cada concello.

Política de calidad I Aviso legal I Política de privacidad I Créditos   

Inicio