buscador

ACCIÓNS FORMATIVAS NO MARCO DA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2021

20

10/2021

Forox Innovación, novamente, é a adxudicataria do concurso do contrato público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo que se executan as accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social.

Por resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 22/07/2021, publicada na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil de contratante do Consorcio o 23/07/2021, convocouse a contratación polo procedemento aberto dun servizo de impartición de accións formativas no marco da Estratexia de inclusión social de Galicia destinada a persoas en situación ou risco de exclusión social atendidas polos Equipos comarcais de inclusión sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, susceptible de ser financiado con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia COVID-19. Lotes (1,2,3,4).

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, ás que se suman dous equipos no marco do Programa Nelson Mandela, que operan nos centros penitenciarios de Teixeiro e de A Lama. Estes equipos ofrecen ás persoas en situación ou risco de exclusión social un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias persoais e sociolaborais a través de itinerarios personalizados e un programa formativo que este ano deu inicio no mes de octubre. Os grupos de participantes non superarán o máximo de 10 persoas garantindo en todo momento as medidas de prevención e recomendacións fronte o risco de transmisión da COVID-19. O alumnado disporá de mascarillas e xel hidroalcohólico, manténdose nas aulas a máxima ventilación posible e a distancia de seguridade entre as persoas.
A continuación ofrécese en detalle os cursos que se impartirán durante os meses de outubro, novembro e decembro do ano 2021:

A CORUÑA
• Educación para a saúde 30 horas Prisión de Teixeiro
• Escola de pais e nais 30 horas Prisión de Teixeiro
• Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais 64 horas As Pontes
• Obradoiro de Igualdade 30 horas Prisión de Teixeiro
• Operacións básicas de xardiñería 84 horas As Pontes
• Operario/a de almacen 84 horas As Pontes
• Operario/a de almacen 84 horas Carballo
• Prevención de riscos laboráis na construcción 64 horas As Pontes
• Repoñedor/a supermercado 40 horas Carballo
• Técnicas de venda 74 horas Carballo
• Control de peches en conservas de peixe 20 horas Carballo
• Equipos mecánicos de corte e desbroce 40 horas Noia
• Ferramentas en internet: comercio electrónico 84 horas Ames
• Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais 64 horas Ames
• Operador/a de carretilla elevadora retráctil 11 horas Noia
• Operario/a de almacén 84 horas Arzúa
• Preparación de pedidos 64 horas Noia
• PRL básico na construcción 64 horas Ames
• Repoñedor/a supermercado 74 horas Noia
• Repoñedor/a supermercado 74 horas Arzúa
• Técnicas de procedementos de limpeza en aloxamentos 20 horas Carballo


LUGO
• Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios básico 27 horas Mondoñedo
• Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios cualificado 64 horas Mondoñedo
• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio 74 horas Begonte
• Manipulación de alimentos 4 horas Mondoñedo
• Operacións con retrocargadora 20 horas Mondoñedo
• Operador/a de carretilla elevadora 30 horas Begonte
• Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios básico 27 horas Monforte
• Costura creativa. Patronaxe e reciclaxe textil 144 horas O Corgo
• Equipos mecánicos de corte ye desbroce 40 horas Monforte
• Equipos mecánicos de corte ye desbroce 40 horas Monforte
• Operador/a de carretilla elevadora 30 horas Monforte
• Operador/a de carretilla elevadora 30 horas Monforte
• Operador/a de carretilla elevadora 30 horas Monforte
• Técnicas de poda 30 horas Monforte
• Técnicas de venda 40 horas Begonte


OURENSE
• Equipos mecánicos de corte e desbroce: Motoserra, rozadura e cortasetos 84 horas A Rúa
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móviles 15 horas Barbadás
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móviles 15 horas Barbadás
• Operacións básicas de xardiñería 84 horas A Rúa
• Operador/la de carretilla elevadora 30 horas Maceda
• Operador/la de carretilla elevadora 30 horas Barbadás
• Prevención de riscos laboráis común básico 60 horas Barbadas
• Reciclaxe textil 64 horas Maceda
• Telco I: Traballo en altura, espazos confinados e risco eléctrico 24 horas Barbadás
• Xestión de desfeitos urbanos e industriáis 274 horas O Carballiño
• Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais 64 horas Maceda
• Manipulación de alimentos 4 horas Maceda
• Operario/a de almacén 84 horas Maceda


PONTEVEDRA
• Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios básico 27 horas Vilagarcía
• Conserxe (recepcionista) 40 horas Lalín
• Instalador/a de Falsos teitos, trasdosados e tabiques de placa de xeso laminado 30 horas Vilagarcia
• Limpeza de cristales 30 horas Marín
• Monitor/a de actividades extraescolares e manipulación de alimentos e alérxenos 30 horas Lalín
• Técnicas de venda 74 horas Vilagarcía
• Actividades auxiliares de almacén 124 horas O Porriño
• Alfabetización dixital 25 horas Prisión de A Lama
• Educación afectivo sexual 25 horas Prisión de A Lama
• Educación para a saúde 30 horas Prisión de A Lama
• Educación vial 25 horas Prisión de A Lama
• Equipos mecánicos de corte e desbroce 40 horas Baiona
• Equipos mecánicos de corte e desbroce 40 horas Baiona
• Equipos mecánicos de corte e desbroce 40 horas O Porriño
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móviles 15 horas O Porriño
• Manipulación de alimentos 4 horas Marín
• Manipulación de alimentos 4 horas Marín
• Operacións básicas de xardiñería 84 horas Prisión de A Lama
• Operador/a de carretilla elevadora 30 horas Marín
• Operador/a de carretilla elevadora 30 horas Prisión de A Lama
• Peixería 64 horas Baiona

descargar pdf

Política de calidad I Aviso legal I Política de privacidad I Créditos   

Inicio