ACCIÓNS FORMATIVAS NO MARCO DA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2022
Forox Innovación, novamente, é a adxudicataria do concurso do contrato público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo que se executan as accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social.
Por resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do
20.05.2022, publicada na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil de contratante do
Consorcio o 23.05.2022, convocouse a contratación dun servizo de impartición de accións
formativas no marco da estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en
situación ou risco de exclusión social atendidas polo equipos comarcais de Inclusión
Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, financiado con
fondos REACT-UE no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Lotes (1, 2, 3 e 4).
Por resolución da Xerencia do Consorcio de 21.06.2022 a adxudicar a FOROX INNOVACIÓN o Lote 4, provincia de Pontevedra.
A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, ás que se suman dous equipos no marco do Programa Nelson Mandela, que operan nos centros penitenciarios de Teixeiro e de A Lama. Estes equipos ofrecen ás persoas en situación ou risco de exclusión social un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias persoais e sociolaborais a través de itinerarios personalizados e un programa formativo que este ano deu inicio no mes de outubro.
A continuación ofrécese en detalle os cursos que se impartirán con cargo ao LOTE 4 na provincia de Pontevedra durante os meses de outubro, novembro e decembro do ano 2022:
• Horticultura ecolóxica.
• Monitor/a de actividades extraescolares e manipulación de alimentos e alérxenos.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Técnicas de poda e inxertos.
• Conservas vexetais.
• Repoñedor/a supermercado.
• Operacións básicas de xardinería e aplicación de produtos fitosanitarios básico.
• Xestións dixitais básicas con dispositivo móbiles.
• Operacións básicas de xardinería.
• Auxiliar de cocina.
• Nutrición, alimentación saudable e manipulación de alimentos e alérxenos.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Emprego doméstico.
• Conservas vexetais.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Operador/a de carretilla elevadora.
• Operador/a de carretilla elevadora retráctil.
• Auxiliar de floristería.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Alfabetización dixital.
• Manipulación de alimentos.
• Operador/a de carretilla elevadora retráctil.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Técnicas de poda e inxertos.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
• Obradoiro de estilo de vida positivo e Igualdade.
• Trámites on line coa administración.
• Manipulación de alimentos.
• Xestións dixitais básicas con dispositivos móbiles.
descargar pdf