buscador

ACCIÓNS FORMATIVAS NO MARCO DA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2023

16

10/2023

Forox Innovación, novamente, é a adxudicataria do concurso do contrato público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo que se executan as accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social.

Por resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 08.05.2023, e publicada na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil de contratante do Consorcio o 09.05.2023, convocouse a contratación dun servizo de impartición de accións formativas no marco da estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación ou risco de exclusión social atendidas polo equipos comarcais de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, financiado con fondos REACT-UE no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Lotes (1, 2, 3, 4 e 5)

Por resolución da Xerencia do Consorcio, con data do 28/09/2023, FOROX INNOVACIÓN foi adxudicataria do Lote 1 (Servizos).

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con 20 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia. Estes equipos ofrecen ás persoas en situación ou risco de exclusión social un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias persoais e sociolaborais a través de itinerarios personalizados e un programa formativo que este ano deu inicio no mes de outubro.

A continuación ofrécese en detalle os cursos que se impartirán con cargo ao LOTE 1 SERVIZOS durante os meses de outubro, novembro e decembro do ano 2023:
• Atención sociosanitaria en domicilios (100h + 4h, Concello de Ames)
• Actividades auxiliares de supermercado (114h, Concello de O Carballiño)
• Actividades auxiliares de supermercado (114h, Concello de Ordes)
• Actividades auxiliares de supermercado (114h, Concello de Lalín)
• Actividades auxiliares de supermercado (114h, Concello de A Estrada)
• Técnicas de venda (75h, Concello de Vilalba)

descargar pdf

Política de calidad I Aviso legal I Política de privacidad I Créditos   

Inicio