buscador

ACCIÓNS FORMATIVAS NO MARCO DA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA 2023-2030

04

10/2024

Forox Innovación, novamente, é a adxudicataria do concurso do contrato público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar polo que se executan as accións formativas no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia destinada a persoas en situación de risco de exclusión social.

Por resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 10.06.2024, e publicada na Plataforma de contratos de Galicia e no perfil de contratante do Consorcio o 10.06.2024, convocouse a contratación dun servizo de impartición de accións formativas no marco da estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030 destinada a persoas en situación ou risco de exclusión social atendidas polo equipos comarcais de Inclusión Sociolaboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ GALICIA 2021-2027. Lotes (1, 2 e 3).
Por resolución da Xerencia do Consorcio, con data do 23/08/2024, FOROX INNOVACIÓN foi adxudicataria do LOTE 1 HOSTALERÍA E SERVIZOS e LOTE 3 AGRO.

A continuación ofrécese en detalle os cursos que se impartirán con cargo ao LOTE 1 HOSTALERÍA E SERVIZOS e LOTE 3 AGRO durante os meses de outubro, novembro e decembro do ano 2024 e 2025:
LOTE 1 HOSTALERÍA E SERVIZOS
• Actividades auxiliares en supermercados carretilla elevadora (124h, Concello de Xinzo)
• Atención á clientela (104h, Concello de Ames)
• Atención sociosanitaria en domicilios (104h, Concello de Ames)
• Camareira/o de pisos e recepción (72h, Concello de Ordes)
• Cociña tradicional (80h, Concello de A Rúa)
• Elaboración e presentación de aperitivos. Camareira/o de pisos (104, Concello de Ribadeo)
• Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (64h, Concello de Vilagarcía)
• Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais (64h, Concello de Meira)
• Monitor/a comedor escolar e acompañante de transporte escolar (94h, CP Teixiero)
• Monitor/a de ocio e tempo libre (154h, Concello de Lalín)
• Obradoiro de igualdade e educación afectivo sexual (54h, CP Teixiero)
• Operario/a de limpeza industrial (64h, Concello de Vilagarcía)
• Operario/a de limpeza industrial (94h, Concello de Carballo)
• Operario/a de limpeza industrial (64h, Concello de Ribadeo)
• Tapas e canapés (54h, Concello de Cangas)
• Tapas e canapés (54h, Concello de Poio)
• Traballos de carpintería e moble: mecanizado de madeira e derivados (94h, Concello de Becerreá)
LOTE 3 AGRO
• Operario/a de xardinería (104h, Concello de A Estrada)
• Operario/a de xardinería (104h, Concello de Ponteareas)
• Operario/a de xardinería e aplicación de produtos Fitosanitarios (131h, Concello de Ferrol)

Política de calidad I Aviso legal I Política de privacidad I Créditos   

Inicio